La Voz de Galicia: Ferrol terá desde maio unha liña de buses ata o Hospital Naval

Publicar novo tema   Responde-lo tema

Ver tema anterior Ver tema seguinte Ir abajo

default La Voz de Galicia: Ferrol terá desde maio unha liña de buses ata o Hospital Naval

Envío  CigSaudeFerrol el 24.04.09 8:16

Ferrol terá desde maio unha liña de buses ata o Hospital Naval
A ruta 1-B sairá desde a praza do Carbón, e non do porto, para axustar os tempos de cada viaxe

O Hospital Naval terá o próximo mes unha conexión de transporte público co centro da cidade. O goberno municipal de Ferrol concluíu as negociacións coa empresa de autocares urbanos para prolongar a liña que actualmente presta servizo entre o porto e o complexo Arquitecto Marcide. E será en maio, segundo confirmou o concelleiro de Tráfico, Gerardo López Castrillón, cando prevé que se poña en marcha a ampliación do percorrido.
Esa prolongación leva, para cumprir os tempos de cada viaxe, o traslado dunha das paradas de cabeceira. Supón isto que a liña 1-B xa non desembocará no porto, como fai ata a data, senón que dará a volta na contorna da praza do Carbón, fronte á porta de entrada ao Arsenal, segundo informou o edil da área.
Os usuarios que habitualmente collían o autobús do Arquitecto Marcide na parada do peirao de Curuxeiras terán que desprazarse entón ata o límite dos barrios de Ferrol Vello e A Magdalena, ao comezo da Costa de Mella. Iso permitirá, explicou Gerardo López, que o convoi poida alargar a ruta ata o complexo Naval.
Nese punto, queda por resolver unha incógnita. E é que o concelleiro sopesa a posibilidade de que o autocar acceda ao recinto do hospital para dar a volta. Pero a súa posterior incorporación á estrada de Catabois para emprender o regreso ao centro de Ferrol non é do agrado do goberno municipal, aínda que polo momento non se achou unha solución máis viable que permita realizar o cambio de sentido dos autocares dun xeito máis seguro.
Petición ao pleno
Precisamente a ampliación da liña ao Arquitecto Marcide é unha petición recorrente nos plenos municipais. Fai dous meses, un colectivo de traballadores do hospital público canalizaron a través do PP unha moción para solicitar a adecuación dos horarios dos buses ás horas de entrada e saída das quendas de traballo. Tamén se recollía nesa demanda ao goberno municipal que levase o bus urbano ata o Naval como última parada.
Por outra banda, López Castrillón prevé pór en marcha, á vez que se estree o novo percorrido da liña 1-B, a ansiada ampliación de servizos á zona de San Felipe. É unha demanda dos veciños do barrio, que sofren desde fai case un ano un forte recorte de servizos. O concelleiro aínda negocia as condicións con Monbus, a empresa que opera na zona rural.

CigSaudeFerrol

Cantidade de envíos: 73
Registration date: 10/12/2008

Ver perfil de usuario http://cigsaudeferrol.blogspot.com

Volver arriba Ir abajo

Ver tema anterior Ver tema seguinte Volver arriba


Permiso de este foro:
Non pode responder a temas neste foro